Acadar o éxito ou o fracaso é moi relativo, e depende na maior parte das nosas espectativas. En internet podemos atopar de todo, e que mellor sitio para publicar as nosas ideas. Cando iniciamos un blog, pode darse o caso de que teñas moita sorte e sexas moi visitado, a xente comentarache, mesmo que o contido sexa nefasto; sen embargo, noutras ocasións os contidos son escepcionais é nin as arañas se dignan a lerte. Polo tanto poderíamos dicir que a primeira causa do fracaso deberíase a unha cuestión de azar.
Pero o máis importante é ir escalando peldaños e conseguir facernos cun lugar. Uns consellos para, polo menos, intentar ter éxito serían:
- Conseguir algo de público mediante visitas a outros blogs da nosa temática. Para iso hai uns buscadores que nos axudarán, como por exemplo bitacoras.com. Tedes máis información sobre isto na seguinte dirección. Tamén é importante a sindicación a fontes RSS para que as novidades nos chegen sin ter que entrar en cada unha para ver se actualizaron.
- Hai que saber venderse, facerse publicidade dun mesmo. É dicir, á hora de tratar un tema hai que conseguir que o lector non se aburra ou cerre a páxina con so mirala: o título ten que captar a primeira impresión do visitante; o texto non debe conter demasiada letra, senon que se deben intercalar imaxes, vídeos (sempre citando a fonte, a non ser que se trate de imaxes libres)...
- Os enlaces son imprescindibles, non se trata de copiar e pegar o que outro escribe, ó igual que os tags, que son os que axudan a que outros che atopen.
Sen embargo, en ocasión moita xente abandoa, non se pode rendir un aínda que os comezos sexan difíciles!!
Deixovos un enlace que me parece interesante, trátase dun manual para o fracaso dun blog. Nesta outra dirección atoparedes unha entrevista sobre marketing, na que tamén se cita unha opinión sobre a función dos blogs no mundo publicitario.
Fai cousa dun ano as estradas galegas, as páxinas dos xornais... eran portadoras dunha mensaxe publicitaria que non dicía nada máis que M.A.P.I.E e onde se vían uns simpáticos personaxes sotendo unha pancarta. O misterio invadía ó público, todos se preguntaban ¿QUE SERÁ MAPIE?
Cando se desvelou o misterio, decubrimos que se trataba dunha nova campaña da marca de cerveza galega Estrella Galicia , a número un en Galicia por recoñecemento da marca. MAPIE era o Movemento de Amigos Para Invitar a unha Estrella. Todo isto podíase ver en novos spots de televisión, nas cuñas de radio que invadiron o espacio radiofónico... Mediante internet, en www.mapie.es, na web dáse ese encontro 2.0 promovido pola marca e que busca a participación do target a través do concepto de comunidade.
Na miña opinión a campaña foi moi novedosa tendo en conta o tipo de publicidade que se fai en Galicia. Agora, fai pouco que esta marca sacou unha nova campaña "Apradiña un amigo, invítao a unha Estrella" , con Rober Bodegas como protagonista, o gañador do concurso de Televisión Española "El Rey de la comedia".
Estrella Galicia sempre, dalgunha maneira, intentou asociar a súa marca ós valores más galegos. Nesta ocasión o personaxe exprésase cun esaxeradísimo acento galego, aínda que o seu humor é directo e intelixente. Podedes ver a continuación un dos spot no que coa frase JOCIE ('Jarda os cartos, invito eu') se propón que invitemos a un amigo a tomar unha estrella.
Considero que o anuncio está ben, aínda que non me convenza de totalmente, pero o bo da campaña é que cada quince días aproximadamente, aparecen novos sketches/anuncios, o que invita a que permanezamos atentos nos intermedios da tele.
Esta é unha web na que se comenta sobre os comezos de MAPIE, e este outro é un blog de axuda nas dúbidas dos membros mapie. Tamén existen redes de blogs nas que ademáis de atopar moi diversos blogs, observaredes o ranking no que se atopan, como é o caso de Alianzo e Technorati Profile
A Secretaría Xeral de Política Lingüística fai un tempo puxo en marcha a promoción do galego coa campaña E logo!, en galego temos todo por dicir.
Nestes días cúmprese un ano que en Galicia se puxo en marcha unha campaña para recuperar a transmisión familiar da lingua galega entre pais e fillos chamada Xeración e logo!, levada a cabo pola axencia BAP & Conde.
As actividades de promoción da lingua baseáronse en concursos na rede, entrega de material promocional, spot na televisión, gráficas, cuñas de radio e incluso o pago duns cantos euros a aquelas persoas que poñan ós seus fillos un nome galego. O seguinte anuncio colocouse en hospitais e centros de atención primaria, tendo como canle o Servizo Galego de Saúde , atoparédes máis información sobre esta campaña nesta web.
Este ano continuouse coa campaña, ideándose un Contador para darlle máis cercanía coa rúa e imitar dalgunha maneira a tradición oral das linguas. E preguntarédesvos que é o contador?, pois ben, o Contador é un cubo de tres metros de lado, instalado en espazos públicos de trinta localidades de Galicia, no que se elabora un conto colectivo. Partindo dun comezo provisto polo propio Contador, cada participante narra unha parte da historia coa única referencia do fragmento de relato inmediatamente anterior, o que pode dar lugar a derivacións máis ricas e divertidas.
Na seguinte dirección atoparédes información de como funciona o Contador, idea levada a cabo por Eme2 Emoción&Arte. Tamén podedes ver outras novas a cerca de toda a campaña Galego e logo!, como pode ser:
O marketing viral ou publicidade viral é unha forma de marketing que se está popularizando últimamente. Sérvese de redes sociais e do boca a boca para lanzar unha marca ou servicio, polo que Internet é unha gran ferramenta para tal difusión, ó igual que os modernos servicios de telefonía móbil.
A mensaxe compórtase como un virus, crecendo exponencialmente e extendéndose por todos lados.
Para lanzar unha campaña de marketing viral só é necesario conseguir que unha mensaxe se difunda naturalmente a través dunha canle e así chegue a moitos usuarios. Algunhas campañas deste tipo vólvense contra a marca constituíndo unha mala imaxe para a empresa, en cambio outras son de gran éxito, como cando Gmail só permitía o rexistro con invitacións que daban os rexistrados a novos usuarios.
Como exemplo dun recente viral temos a Symio, operador móbil que pertenece ó grupo holandésKpn, que parodia a Movistar
A axencia Órbital foi a encargada de tal anuncio, e se Movistar nos dicía: "Como somos más pagamos menos", esta difundía que "Como somos menos el poder es tuyo".
SYMIO
MOVISTAR
Aquí vos deixo outro exemplo de márketing viral de Pepsi, xuzgade vós mesmos.
Os famosos invaden a publicidade!!
Contar cun famoso é suficiente para aumentar as vendas? Os expertos do mercado publicitario non manteñen unha unidade de criterio neste terreo. Pero hai segmentos nos que poñer o rostro dun personaxe popular nun anuncio dunha ensalada ou nunha bolsa de patacas fritas proporciona vendas e avala o producto, convírtese nun gancho para o consumidor. Cantantes, futbolistas e actores subíronse ó carro da publicidade de productos de alimentación, a súa imaxe é a garantía.
Un estudo realizado no ano 2004 por Abbot Mead Vickers BBDO (AMV) mostraba o exitoso que resultou para a firma alimenticia Walkers Crisps contratar á ex capitan da selección inglesa de fútbol Gary Lineker para promocionar os seus productos entre nenos e adolescentes.
Pierce Brosnan, que ata agora fora o último 007, non o pensou dúas veces e accedeu a realizar publicidad de yogures e comentar os seus beneficios para o organismo, ou ceder a súa imaxe para unha prestixiosa marca de champagne.
Os famosos galegos tampouco se quedan atrás e cada vez é máis usual velos protagonizar diferentes spots. Por exemplo, quen non asocia a Paula Vazquez cas bodegas Marques de Vizhoja?
Non sempre a contratación dun famoso é sinónimo de éxito. Os escándalos e revelacións ós que están expostos, principalmente os que proveñen do mundo do espectáculo, poden convertir a ese personaxe adorable na peor das imaxes da compañía. Creo que lembraredes o caso Kate Moss, á cal a súa adicción ás drogas lle provocou a ruptura dalgúns acordos con certos anunciantes; a pesares disto, esta modelo rexurdiu e agora conta con contratos millonarios.
Según os gustos a uns pareceralle boa este tipo de publicidade e a outros mala. Eu penso que en certa medida estas celebridades na publicidade garantizan a atención.
Cal é o sexo da publicidade?
Uns dirán o masculino e outros o feminino. Eu non o teño moi claro, o que si que as mulleres están cobrando cada vez máis relevancia no marketing. Trátase dunha evolución progresiva que por momentos se acentúa. Hai marcas que as converteron no seu target principal, como por exemplo: Dove, Ford, Honda, Goodyear (que se lanzaron a conquistarnos con accións diseñadas para nós)....
Este é un anuncio de Dove, no que se ve claramente que somos as protagonistas indiscutibles, e que se preocupan por investigar as nosas preferencias e como presentárnolo.
Tamén me parece interesante este enlace, no que atoparedes o vídeo de como se realizou un anuncio da marca e os retoques que se lle fixeron a unha moza.
Como dixen antes, algunhas marcas relacionadas co sector do automóvil tamén empregan accións para "conquistarnos", recurso utilizado por Linea Directa:
As mulleres supoñen o 51% dos consumidores e xeneran máis do 80% do consumo, o que supón un peso importante nos negocios, supoño que será por iso que cada vez a presencia feminina sexa maior, pois as empresas tardaron en incorporalas nas súas estratexias un bo tempo; isto tamén se pode deber a que a introdución das mullers no mercado, no ámbito laboral... ata o de agora estivo moi limita e houbo moitos máis prexuizos. Na actualidade empresas de seguros de vida, automóviles... ven no sector feminino un novo obxectivo dada a súa maior inserción laboral, a existencia de máis mulleres con carnet...
Tamén hai anuncios que poden dar pé falar do sexismo, por exemplo, poderíamos considerar o mundo da cerveza -da publicidade cerveceira- un mundo de homes? Non o sei, máis ben dependerá do anuncio que vexamos, se vemos algún como o seguinte, entón a resposta podería ser si, pois nel hai un alto grado de eroticidade e sensualidade, dicíndonos que é simplemente irresistible, aínda que como a muller é servida por un home parece que se mitiga un pouco o rasgo sexista. Atoparedes máis anuncios deste tipo aquí.
En canto ó tema discriminatorio das mulleres na publicidade, hoxe en día empézase a reducir, aínda que continúa convivindo coa constante representación dos arquetipos de ama de casa e, especialmente, de obxeto de atracción e sexual. Sen embargo, haberá quen teña outro punto de vista e considere que tamén se produce unha "denigración", certas veces, da imaxe do home ( por exemplo, unha muller clavándolle un tacón a un porteiro de discoteca, policías levándose ó marido por non saber poñer a lavadora..).
Sen dúbida a presencia feminina aumenta nos anuncios, pero tamén o fai a polémica, por exemplo, o seguinte anuncio foi considerado de certa discriminación masculina por parte das mulleres. Xuzgadeo vos mesmos.
Hoxe gustaríame facer mención a unha noticia que saíu no xornal El País, na que se trata o tema da letra pequena dos anuncios. Quen non se percatou en que moitas veces a letra pequena corre tanto que parece que quer escapar?
Ben, pois a Federación de Usuarios-Consumidores Independentes (FUCI) advertiu que resulta "imposible" entender a letra pequena de un de cada tres anuncios. Nun estudo titulado "La letra pequeña en la publicidad televisiva", que esta asociación realizou analizando un cento de anuncios que apareían en distintas cadeas de televisión de ámbito nacional, comprobaron que a velocidade á que aparecen as condicions de contratación de diversos productos é "prácticamente imposible" de seguir na maioría dos casos. Os datos sinalan que no 34% dos casos, debido á excesiva velocidade con que aparece o texto en pantalla, non se permite a fácil asimilación da información.
Son os anuncios de automóviles os que empregan de maneira máis frecuente a velocidade nas condicións de contratación (27,4%) seguidos de telefonía e Internet (24,3%, os cales tamén levan unha maior carga informativa), servizos bancarios (15,2%) e créditos rápidos o reunificación de deudas (14,3%).
Son os anunciantes de alimentación, comida rápida, seguros, inmobiliarias ou xoguetes os que empregan de forma maioritaria unha velocidade "adecuada".
Aquí vos deixo como exemplo, un anuncio de Telefónica no que as condicións de contratación pasan a velocidade rápida.
O outro día dixen que ía aumentar a colección sobre o erotismo na publicidade, e o prometido é deuda... Para comenzar déixovos este vídeo sacado do buscador Delealplay, trátase dun anuncio dunha bebida, onde é moito máis frecuente ver a sexualidade como argumento para apoiar o concepto que se intenta vender.
Ademáis de centrarnos nesta técnica, hoxe imos abordar tamén este tema na publicidade subliminal. Este tipo de publicidade é aquela que presenta ó consumidor un producto ou servizo de maneira tan leve ou breve que non é conscientemente percibida e levao ó seu uso ou consumo en ignorancia das razóns auténticas. Para explicalo mellor pareceume interesante este vídeo que atopei en dailymotion , no que aínda que non se trate o tema do erotismo, sí se explica a publicidade subliminal , nese caso sobre o tabaco na serie tan coñecida dos Simpsons.
En canto ó tema da sexualiade na publicidade subliminal fixen esta selección de anuncios: Trátase dun anuncio da web de Playboy en Holanda, no que se asocian as
ideas dun rato informático e os dedos sobre el componiendo una
imagen que apoye la idea de sexo dos contidos da web.
É un anuncio da revista masculina Max. Moi sutilmente nos suxire tanto as páxinas dunha revista aberta como un escote feminino. Gustame a insunuación que conseguen.
Que dicir... é moi basto... sen palabras.
Para rematar poderedes atopar máis información en canto ó tema do sexo e a publicidade subliminal no blog delirioss.