Publicidad:
La Coctelera

camino fijo

Categoría: Publicidade

2 Mayo 2008

A letra pequena

Hoxe gustaríame facer mención a unha noticia que saíu no xornal El País, na que se trata o tema da letra pequena dos anuncios. Quen non se percatou en que moitas veces a letra pequena corre tanto que parece que quer escapar?

Ben, pois a Federación de Usuarios-Consumidores Independentes (FUCI) advertiu que resulta "imposible" entender a letra pequena de un de cada tres anuncios. Nun estudo titulado "La letra pequeña en la publicidad televisiva", que esta asociación realizou analizando un cento de anuncios que apareían en distintas cadeas de televisión de ámbito nacional, comprobaron que a velocidade á que aparecen as condicions de contratación de diversos productos é "prácticamente imposible" de seguir na maioría dos casos. Os datos sinalan que no 34% dos casos, debido á excesiva velocidade con que aparece o texto en pantalla, non se permite a fácil asimilación da información.

Son os anuncios de automóviles os que empregan de maneira máis frecuente a velocidade nas condicións de contratación (27,4%) seguidos de telefonía e Internet (24,3%, os cales tamén levan unha maior carga informativa), servizos bancarios (15,2%) e créditos rápidos o reunificación de deudas (14,3%).
Son os anunciantes de alimentación, comida rápida, seguros, inmobiliarias ou xoguetes os que empregan de forma maioritaria unha velocidade "adecuada".

Aquí vos deixo como exemplo, un anuncio de Telefónica no que as condicións de contratación pasan a velocidade rápida.

servido por enxebre 3 comentarios compártelo

23 Marzo 2008

A publicidade e o galego

O galego necesita publicidade ou a publicidade precisa do galego?

En Galicia, moita xente opina que se vende mellor en galego, por exemplo, fai uns meses entrevistei a un lingüista e cando lle preguntei que opinaba da publicidade en galego respondeu:
"Se hai pouca publicidade en galego é porque aínda hai moitos prexuízos. De feito, os anuncios en galego venden máis que os que se fan en castelán. O anuncio “Vivamos como galegos” é un anuncio excelente (lástima que no Gadis non te atendan en galego e a rotulación estea toda en castelán, por iso non é crible). Temos cousas que son únicas no mundo, iso é o que temos que potenciar e vender, non hai terra coma a nosa!"

O verdadeiramente certo é que a publicidade, ben sexa en galego ou galega, vaise abrindo camiño pouco a pouco, e cada vez é máis frecuente ver anuncios en galego. Ademáis da sonada campaña que realizou Gadis, en Galicia moitas empresas fixeron anuncios que aínda perduran na memoria de todos nós, e cos que se foron facendo grandes (excepto Inditex que prescinde da publicidade) Pois ben, quen non se acorda de lemas como o de "Atún claro, Calvo" ou o das "fiestas jolgorrio" de Estrella Galicia. Hai campañas que teñen máis tempo como "Chocolates La Perfección, ¡qué ricos son!", "Refrey, la máquina de las españolas".

Pero a mascota máis destacable témola en Rodolfo Landostino!: "Llevame a casa", haberá algunha persoa en España que non o coñeza? Este personaxe creouno Ecovigo no Nadal de 1977, e é o representante de Pescanova nesas fechas tan sinaladas. Rodolfo non foi o único éxito da axencia, pois moito antes convenceran a Álvaro Cunqueiro para anunciar o viño Pazo Ribeiro; e non fai demasiado realizaron o anunicio de Oxirite, a pintura para ferro de Xylacel, no que un home sobre unha bici de mil cores di: "¡Tas pasao, Ladislao!".

Luis de Soto e Javier Chaver, da axencia coruñesa Imaxe, dirixiron campañas como "fiestas jolgorrio" de Estrella Galicia, o zahorí desbocado de Cabreiroá ou a "empanadilla" de Martes e Trece anunciando o atún Rianxeira.

E para atún o de Calvo. O primerio dos anuncios que atopei remóntase a mediados dos 80, usando a Jesús Puente e a Xosé Luis López Vázquez como presentadores do producto, pero non o vou a explicar, é mellor que o recordedes véndoo, pois o último spot "sacatúnn que pen que sumnnun que tun" que firma plubicist, case todos o lembramos.

Para rematar quería amosarvos o primeiro anuncio da xira "A bailar con Xabarín" do Xabarín Clube da Tvg, porque son tempos que a min me gusta recordar. Espero que vos traia bos recordos.

servido por enxebre 1 comentario compártelo

4 Marzo 2008

Os comezos

Falemos sobre a orixe da publicidade...

A publicidade está vinculada á historia. Se a entendemos como un método persuasivo, entón os primeiros vestixios lévannos ós comezos das civilizacións. O obelisco de Luxor ou o papiro de Tebas (6000 a.c.) son exemplos desta orixe. De feito, este último, é considerado o primeiro anuncio do que se ten constancia na historia da humanidade, e di así (resaltoo en cor amerelo):

"Unha vez fuxiu o escravo
Shem da casa do seu amo,
Hapu "o tejedor",
invita a todos os bos
cidadáns de Tebas a atoparlle.
É un home de bastante
estatura, robusto e
de ollos castaños. Ofrécese
media peza de ouro
a quen dea información e unha
peza de ouro a quen o devolva ás tendas
de Hapu, "o tejedor",
onde se tecen as máis belas teas, a gusto
de cada un."

Xa en Grecia contaban con pregoneiros que anunciaban a chegada dos barcos con cargamento de viño, especias e metais. Con frecuencia o pregoneiro ía acompañado dun músico. Co paso do tempo convertíronse no medio máis común de anuncios públicos nos países europeos durante séculos.

Non podemos olvidarnos dos romanos, que tamén fixeron uso da publicidade. Como exemplo están as ruínas de Pompeia onde se atopan letreiros en pedra que anunciaban o que vendían nas tendas. Os pompeianos tamén se valeron de historias pintadas nas paredes como reclamo da xente.

No 1630, en Inglaterra, créase un xornal, o "Daily Advertisser", dedicado exclusivamente a publicar anuncios.
Os anuncios colocados ó aire libre resultaron ser unha das expresións máis antigas e duradeiras da publicidade. Como curiosidade dicir que en Inglaterra se aprobou no ano 1614 unha lei que prohibía os letreiros que sobresaían máis de 2.5 m dun edificio. É no ano 1740 cando xurde o primeiro impreso para colocar ó aire libre, o cartel, aínda que as súas mensaxes, daquela, poucas veces eran de carácter comercial. Incluso na época de avances tecnolóxicos en que nos atopamos, o cartel segue sendo un método de comunicación sumamente eficaz.


O século XIX abre un tempo de cambios promovido pola Revolución Industrial. Créase unha sociedade basada en novas formas de pensar e de facer, falase de sociedade de clases, de oferta e demanda, de ampliación de mercado… Agora a publicidade plantéase como fórmula para dar a coñecer as ofertas e influir nas ventas. Sobre a publicidade moderna falaremos máis de vagar noutro momento, xa que na actualidade se converteu nun campo moi amplo.

servido por enxebre sin comentarios compártelo


Sobre mí

Como dixo Isaac Asimov: "Non se trata do que tes que aprender si aceptas teorías peculiares, senon de todo o que tes que olvidar." Top Blogs Bitacoras.com

Fotos

enxebre todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera