Nesta foto vemos unha paisaxe típica do norte do noso país, unha paisaxe de montaña que era máis usual atopala fai algúns cantos anos. Agora a poboación creceu, a maior parte das aldeas convertíronse en cidades..., só temos que mirar ó noso redor para decatanos dos cambios:
Como non, a publicidade tamén está crecendo, quere chegar a tódolos currunchos!, polo que cando saímos ó exterior atopámola en tradicionais vallas, monopostes, realizacións singulares en 3D, muppis, marquesinas, autobuses, metro, camións.. e moitas máis variantes para mostrar a creatividade sen límites de espacio, como no caso da publicidade extraterrestre.
As empresas empregan novos medios para chamar a atención. Non vos resulta inxenioso ver anunciar unha peluquería a través dun medio tan peculiar como son unhas escaleiras mecánicas?, trátase da peluquería Juice Salon, que nos mostra diferentes peinados. En canto á publicidade en medios de transporte, fanta transformou os trens do Metro de Madrid, e os de Barcelona en gusanos xigantes dentro da súa campaña "una fanta, una idea", neste caso a idea ou excusa que Fanta propón ós viaxeiros para chagar tarde ó traballo é "un gusano xigante comeuse o Metro".
Aínda que non en medios de transporte, fai pouco, Fanta sorprendeunos cunha nova forma de publicidade exterior, esta vez en marquesinas para darnos a coñecer a nova Fanta Zero. Encheron a mampara de cristal con laranxas e latas de Fanta reais. Esta novidosa forma de creatividade penso que só se pode ver polo de agora en Madrid, pero a verdade é que che dan ganas de coller unha lata. O que realmente me impactou foi a seguinte foto dun camión con publicidade incrustada, cousa pouco usual e que parece totalmente realista, penso que conseguen chamar máis a atención que a publicidade de Fanta no metro. Tamén vos deixo un enlace para que vexades a publicidade exterior de Fiat.
A publicidade quer chegar lonxe. Os xornais, a TV... estánselle quedando pequenos, pois agora está ampliando o mercado no ámbito virtual e a través do espacio!, si, si, non ledes mal.
O que quero dicir con ámbito virtual é que fai un par de anos empezamos a ver publicidade nos videoxogos de ordenador, como exemplo temos o Need for Speed Underground, onde atopamos moitas marcas, empezando polas dos coches; outro exemplo son os dos McDocnals en The Sims online, e como estes noutros moitos videoxogos. Agora a empresa Massive Inc.está a desenvolver anuncios dinámicos para xogos online, pero para máis información podedes visitar Vida Extra, onde se explica como funciona a publicidade en videoxogos e ten algunhas capturas do xogo Crackdown que mostran carteis da película 300 para España. Nesta forma de publicitarse tamén atopamos técnicas de márketing como a exclusividade de plataforma (ex.: facelo para Xbox e non para Psp), merchandising...
Pero máis sorprendente aÍnda é o tema da publicidade extraterrestre, pois o próximo 12 de xuño marcará un hito na historia da publicidade, lanzarase ó espacio o primeiro anuncio dirixido a posibles consumidores de aperitivos de millo (atoparedes a noticia máis ampliada) nun sistema solar que se atopa a 42 anos luz de distancia e que o recibirán no 2050. A popular marca de aperitivos asociouse con científicos espaciales da Universidade de Leicester (Inglaterra) para transmitir un anuncio a través do Radar de Ultra Fecuencia de 500 megahertzios hacia a estrela Osa Mayor 47 (47UMA). Ademáis hai un concurso público para decidir o contido do anuncio. Que vos parece a idea de que todo isto servirá para comunicarnos a largo alcance e dicir que estamos aquí!?
Non fai falla ir tan lonxe no espacio, pois a Lúa, a nosa veciña, tamén vai saborear a chegada da publicidade. Rolling Rock, unha marca de cervexa, pretende proxectar nela o seu logo cun láser. A técnica é iluminar un satélite cun canón desde a Terra e que este o reflexe á luna. Ademáis, poderánse engadir algúns comentarios que os usuarios introducirán previamente na súa web. O vicepresidente de marketing Ron Stablehorn di que pretende crear un novo concepto de publicidade chamado moonvertising, e a fecha para a primeira acción deste concepto será o 21 de marzo coincidindo coa lúa chea. Ademáis, Stablehorn protagonizou varios anuncios televisivos cómicos nos que promociona a campaña.
Quen nos ía dicir a nós que poderíamos ver un anuncio dende o espacio, pois si, pero haberá que esperar para saber se se converte nun fenómeno mundial o moonvertising, que a min me parece que é un dos mellores medios para chegar a todo o mundo, sen dúbida.