Últimamente fálase non só de cambios, senón tamén de crise no sector da publicidade. Don Fructuoso Moreno, presidente da axencia de publicidade TBWA España, nunha entrevista, señala que a ralentización económica afectará ós presupostos publicitarios das empresas no presente ano. No blog, poderedes atopar un pequeno resumo acerca da noticia, é un blog que normalmente visito, pois paréceme moi interesante para os temas que eu quero tratar, e o que comentan fano concisamente, visitádeo!

Tamén se publicaron estos días noticias acerca dos radicais cambios que se producirán en publicidade nos próximos cinco años, que deixará de ser tal e como a coñecemos. No informe de IBM do que se fai eco Enrique Dans, aparece tal noticia. Isto si que é un bombazo!
Esta é a situación actual que estamos vivindo, pero non todo ían ser malas noticias, pois no que respeta a Galicia, no campo do márketing pódese dicir que temos boas novas. O 23 de Xaneiro de 2008, Luchiandluchi, deron a coñecer a súa marca, o seu proxecto e a súa web dunha singular maneira, e que aspiran a chegar lonxe. Por iso, deixo o enlace ó seu blog para ver se vós tamén tedes unha boa impresión.

Para finalizar, gustaríame que fixérades un pequeno percorrido por un blog sobre publicidade que tamén é do meu agrado.
Espero que esta información resulte tan útil como é para min. As novas propostas sobre espacios interesantes serán ben recibidas.