Ata o infinito e máis alá!
A publicidade quer chegar lonxe. Os xornais, a TV... estánselle quedando pequenos, pois agora está ampliando o mercado no ámbito virtual e a través do espacio!, si, si, non ledes mal.
O que quero dicir con ámbito virtual é que fai un par de anos empezamos a ver publicidade nos videoxogos de ordenador, como exemplo temos o Need for Speed Underground, onde atopamos moitas marcas, empezando polas dos coches; outro exemplo son os dos McDocnals en The Sims online, e como estes noutros moitos videoxogos. Agora a empresa Massive Inc. está a desenvolver anuncios dinámicos para xogos online, pero para máis información podedes visitar Vida Extra, onde se explica como funciona a publicidade en videoxogos e ten algunhas capturas do xogo Crackdown que mostran carteis da película 300 para España. Nesta forma de publicitarse tamén atopamos técnicas de márketing como a exclusividade de plataforma (ex.: facelo para Xbox e non para Psp), merchandising...

Pero máis sorprendente aÍnda é o tema da publicidade extraterrestre, pois o próximo 12 de xuño marcará un hito na historia da publicidade, lanzarase ó espacio o primeiro anuncio dirixido a posibles consumidores de aperitivos de millo (atoparedes a noticia máis ampliada) nun sistema
solar que se atopa a 42 anos luz de distancia e que o recibirán no 2050. A popular marca de aperitivos asociouse con científicos espaciales da Universidade de Leicester (Inglaterra) para transmitir un anuncio a través do Radar de Ultra Fecuencia de 500 megahertzios hacia a estrela Osa Mayor 47 (47UMA). Ademáis hai un concurso público para decidir o contido do anuncio. Que vos parece a idea de que todo isto servirá para comunicarnos a largo alcance e dicir que estamos aquí!?
Non fai falla ir tan lonxe no espacio, pois a Lúa, a nosa veciña, tamén vai saborear a chegada da publicidade. Rolling Rock, unha marca de cervexa, pretende proxectar nela o seu logo cun láser. A técnica é iluminar un satélite cun canón desde a Terra e que este o reflexe á luna. Ademáis, poderánse engadir algúns comentarios que os usuarios introducirán previamente na súa web. O vicepresidente de marketing Ron Stablehorn di que pretende crear un novo concepto de publicidade chamado moonvertising, e a fecha para a primeira acción deste concepto será o 21 de marzo coincidindo coa lúa chea. Ademáis, Stablehorn protagonizou varios anuncios televisivos cómicos nos que promociona a campaña.
Quen nos ía dicir a nós que poderíamos ver un anuncio dende o espacio, pois si, pero haberá que esperar para saber se se converte nun fenómeno mundial o moonvertising, que a min me parece que é un dos mellores medios para chegar a todo o mundo, sen dúbida.





marta lorenzo dijo
ola,
q tal?? descoñecía totalmente ese tipo de publicidade, deixasme abraiada!
considero esaxerado estes "avances" que non nos levan máis que a que se fale de iso!!
chamar a atención, destacar, pero isto é de mais??
un saúdo!!!
2 Abril 2008 | 08:55 PM