"Publicidade verde"
Nos últimos anos púxose moi de moda o tema do ecolóxico na publicidade, debido á situación mediambiental que estamos a vivir. Pois ben, a industria percatouse de que o verde vende e utilizao para captar usuarios, pero ningún organismo certifica que unha empresa que se vende como "ecolóxica" o sexa realmente. De aí, que a Unión de Consumidores pida que se controle este tipo de publicidade.
Durante a presentación dun informe sobre publicidade e medio ambiente o presidente da UCE dixo que eslóganes como "Cuando respetas la naturaleza, la disfrutas más", ou "En bicicleta, en un Toyota Prius, en metro, andando…" non son admisibles, pois poden facer crer ó consumidor que con ese producto é posible salvar o planeta, o que pode provocar que o consumidor se sinta enganado. Esta noticia podédela ollar máis de vagar neste blog sobre a sustentabilidade de Galicia.
Fai pouco retiraron un anuncio de Renault Twingo por publicidade enganosa. No anuncio víase como saían follas do tubo de escape do coche mentras circulaba, mostrando os beneficios eco-nómicos e eco-lógicos do coche, o que según a ASA (Autoridad para Estándares Publicitarios) do Reino Unido pode levar a unha mala interpretación do anuncio porque non informa correctamente da natureza da campaña Eco2, e pode inducir ós espectadores a crer que o coche causa moito menos impacto ó medio ambiente e que emite moitos menos CO2 que outros vehículos similares.

Na miña opinón, a maioría desas empresas verdes o único que buscan é adaptarse á legalidade ou aumentar a súa reputación, o cal non é ser unha empresa sostible, pois non só se trata de reverdecer os anuncios. O ser, ou intentar ser sostibles e levar a cabo accións de marketing e xestión sostenibles, debe incorporarse á estratexia da empresa. Un exemplo de empresa que basa toda a súa estratexia en comunicar o seu compromiso co medio ambiente é Iberdrola, que fai pouco puxo en marcha o proxecto Huella verde. Outras empresas que en certa forma teñen en conta o que temos a redor, que non só somos nós o único que importa no mundo son: Tríodos Bank [Banca ética] , só invirten os cartos dos depósitos en proxectos ambientais sociais ou culturais; e Trévol (Mensajeros a pedales), empresa que dinámica que non contamina a atmosfera e oferta servicios máis económicos ó non afrontar gastos de combustíbel.
Para rematar, vouvos amosar unha forma inxeniosa e polémica de publicitarse, falo da película dos Simpson, pois menuda a que se montou o verán pasado cando ós executivos da Fox se lles ocorreu debuxar, en Dorset (Reino Unido), a Homer con un dónut a escasos metros de outra figura coñecida como o Xigante de Cerne Abbas (un suposto símbolo pagano da fertilidade), que ten unha antigüidade de 2.000 anos según algúns, aínda que para moitos é un fraude. O caso é que foi considerado como unha ofensa. Vós pensades que esto tamén sería publicidade verde? A verdade é que verde é, e abarataron custos, non empregaron materiais nocivos, pero bueno...








alycia dijo
Hola!
A min paréceme ben que se poña de moda o de ser "verdes" e respeta-lo medio ambiente, e se as empresas queren aproveitalo para ser máis coñecidas, poden facelo, sempre e cando sexa verdade. Non creo que lles sirva de moito publicitarse cmo una marca comprometida son certos temas se non o é, pois cando se descubra vaille perxudicar negativamente.
Respecto da publicidade dos Simpsons, persoalmnte, como fan deles, gústame e non lle vexo razón para criticalo, é orixinal, e é verdade: é "verde" (pola herba e máis por non utilizar materiais nocivos).
Interesante post.
Un saúdo :-)
7 Abril 2008 | 01:27 PM