Nesta foto vemos unha paisaxe típica do norte do noso país, unha paisaxe de montaña que era máis usual atopala fai algúns cantos anos. Agora a poboación creceu, a maior parte das aldeas convertíronse en cidades..., só temos que mirar ó noso redor para decatanos dos cambios:
Madrid

Como non, a publicidade tamén está crecendo, quere chegar a tódolos currunchos!, polo que cando saímos ó exterior atopámola en tradicionais vallas, monopostes, realizacións singulares en 3D, muppis, marquesinas, autobuses, metro, camións.. e moitas máis variantes para mostrar a creatividade sen límites de espacio, como no caso da publicidade extraterrestre.
As empresas empregan novos medios para chamar a atención. Non vos resulta inxenioso ver anunciar unha peluquería a través dun medio tan peculiar como son unhas escaleiras mecánicas?, trátase da peluquería Juice Salon, que nos mostra diferentes peinados.
En canto á publicidade en medios de transporte, fanta transformou os trens do Metro de Madrid, e os de Barcelona en gusanos xigantes dentro da súa campaña "una fanta, una idea", neste caso a idea ou excusa que Fanta propón ós viaxeiros para chagar tarde ó traballo é "un gusano xigante comeuse o Metro".
Aínda que non en medios de transporte, fai pouco, Fanta sorprendeunos cunha nova forma de publicidade exterior, esta vez en marquesinas para darnos a coñecer a nova Fanta Zero. Encheron a mampara de cristal con laranxas e latas de Fanta reais. Esta novidosa forma de creatividade penso que só se pode ver polo de agora en Madrid, pero a verdade é que che dan ganas de coller unha lata.
O que realmente me impactou foi a seguinte foto dun camión con publicidade incrustada, cousa pouco usual e que parece totalmente realista, penso que conseguen chamar máis a atención que a publicidade de Fanta no metro.
Tamén vos deixo un enlace para que vexades a publicidade exterior de Fiat.