Publicidad:
La Coctelera

camino fijo

9 Mayo 2008

A invasión dos famosos!!

Os famosos invaden a publicidade!!
Contar cun famoso é suficiente para aumentar as vendas? Os expertos do mercado publicitario non manteñen unha unidade de criterio neste terreo. Pero hai segmentos nos que poñer o rostro dun personaxe popular nun anuncio dunha ensalada ou nunha bolsa de patacas fritas proporciona vendas e avala o producto, convírtese nun gancho para o consumidor. Cantantes, futbolistas e actores subíronse ó carro da publicidade de productos de alimentación, a súa imaxe é a garantía.

Un estudo realizado no ano 2004 por Abbot Mead Vickers BBDO (AMV) mostraba o exitoso que resultou para a firma alimenticia Walkers Crisps contratar á ex capitan da selección inglesa de fútbol Gary Lineker para promocionar os seus productos entre nenos e adolescentes.

Pierce Brosnan, que ata agora fora o último 007, non o pensou dúas veces e accedeu a realizar publicidad de yogures e comentar os seus beneficios para o organismo, ou ceder a súa imaxe para unha prestixiosa marca de champagne.

Os famosos galegos tampouco se quedan atrás e cada vez é máis usual velos protagonizar diferentes spots. Por exemplo, quen non asocia a Paula Vazquez cas bodegas Marques de Vizhoja?

Non sempre a contratación dun famoso é sinónimo de éxito. Os escándalos e revelacións ós que están expostos, principalmente os que proveñen do mundo do espectáculo, poden convertir a ese personaxe adorable na peor das imaxes da compañía. Creo que lembraredes o caso Kate Moss, á cal a súa adicción ás drogas lle provocou a ruptura dalgúns acordos con certos anunciantes; a pesares disto, esta modelo rexurdiu e agora conta con contratos millonarios.

Según os gustos a uns pareceralle boa este tipo de publicidade e a outros mala. Eu penso que en certa medida estas celebridades na publicidade garantizan a atención.

servido por enxebre 1 comentario compártelo

1 comentario · Escribe aquí tu comentario

marta lorenzo

marta lorenzo dijo

ola!!

está claro que publicidade e famosos está case sempre ligado. Moitos famosos son imaxe dun ou varios productos, ou en diversas ocasións estes crean a súa liña de produtos das que por suposto son imaxe!!

está claro que cunha cara coñecida véndese máis, aínda no caso da polémica Kate mOss!!

un saúdo

13 Mayo 2008 | 03:34 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Como dixo Isaac Asimov: "Non se trata do que tes que aprender si aceptas teorías peculiares, senon de todo o que tes que olvidar." Top Blogs Bitacoras.com

Fotos

enxebre todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera