O marketing viral ou publicidade viral é unha forma de marketing que se está popularizando últimamente. Sérvese de redes sociais e do boca a boca para lanzar unha marca ou servicio, polo que Internet é unha gran ferramenta para tal difusión, ó igual que os modernos servicios de telefonía móbil.
A mensaxe compórtase como un virus, crecendo exponencialmente e extendéndose por todos lados.
Para lanzar unha campaña de marketing viral só é necesario conseguir que unha mensaxe se difunda naturalmente a través dunha canle e así chegue a moitos usuarios. Algunhas campañas deste tipo vólvense contra a marca constituíndo unha mala imaxe para a empresa, en cambio outras son de gran éxito, como cando Gmail só permitía o rexistro con invitacións que daban os rexistrados a novos usuarios.
Como exemplo dun recente viral temos a Symio, operador móbil que pertenece ó grupo holandés Kpn, que parodia a Movistar
A axencia Órbital foi a encargada de tal anuncio, e se Movistar nos dicía: "Como somos más pagamos menos", esta difundía que "Como somos menos el poder es tuyo".
Aquí vos deixo outro exemplo de márketing viral de Pepsi, xuzgade vós mesmos.



Gustoume moito o teu blog. O 17 de maio pásoche o nome do enderezo no que poderás votar as mellores webs en galego. Se llo pasas ós teus amigos, acabaremos por premiar realmente a quen o mereza. Apuntareite. A ver se realmente funciona. O 21 pecharemos as votacións na facultade. Vén vernos ó Salón de Graos ás 4.
Moitas gracias!! Estarei á espera da dirección e pasareina, pois paréceme unha moi boa idea para que as webs en galego se coñezan un pouco máis. Só desexarlle sorte a tódolos participantes!
Un saúdo