A Secretaría Xeral de Política Lingüística fai un tempo puxo en marcha a promoción do galego coa campaña E logo!, en galego temos todo por dicir.

Nestes días cúmprese un ano que en Galicia se puxo en marcha unha campaña para recuperar a transmisión familiar da lingua galega entre pais e fillos chamada Xeración e logo!, levada a cabo pola axencia BAP & Conde.
As actividades de promoción da lingua baseáronse en concursos na rede, entrega de material promocional, spot na televisión, gráficas, cuñas de radio e incluso o pago duns cantos euros a aquelas persoas que poñan ós seus fillos un nome galego. O seguinte anuncio colocouse en hospitais e centros de atención primaria, tendo como canle o Servizo Galego de Saúde , atoparédes máis información sobre esta campaña nesta web.

Este ano continuouse coa campaña, ideándose un Contador para darlle máis cercanía coa rúa e imitar dalgunha maneira a tradición oral das linguas. E preguntarédesvos que é o contador?, pois ben, o Contador é un cubo de tres metros de lado, instalado en espazos públicos de trinta localidades de Galicia, no que se elabora un conto colectivo. Partindo dun comezo provisto polo propio Contador, cada participante narra unha parte da historia coa única referencia do fragmento de relato inmediatamente anterior, o que pode dar lugar a derivacións máis ricas e divertidas.

Na seguinte dirección atoparédes información de como funciona o Contador, idea levada a cabo por Eme2 Emoción&Arte. Tamén podedes ver outras novas a cerca de toda a campaña Galego e logo!, como pode ser:



Ola !
Xa coñecia esta campaña. Pero o que non coñecía era o contador. Paréceme unha idea interesante pero creo que moita xente non estaría disposta a narrar unha historia. Creo que tiñan que sustituílo por algo máis dinámico.
Este tipo de campañas a favor do uso do galego deberían ser máis frecuentes.
Bikos
Hola,
La verdad es que no conocía esta campaña dl fomento del gallego y no creo que sea porque yo viva en mi bola de cristal, sino porque no la difun den de un modo adecuado porque sino yo creo que la hubiese visto, así que creo que los publicistas de este tipo de campañas tendrían que promocionarlas un poquito más y también un poquito mejor.
Un beso!
ola!
toda campaña publicitaria para promover o uso do galego está ben, aínda que non debería de ser necesario se todos puxeramos un pouco máis da nosa parte para falar a lingua do país!
iso que nomeas no post de pagarlle ós pais por poñerlle ó cativo un nome galego paréceme excesivo, q sentido ten facelo se non o sentes? quizais mil euros?
e logo!
Welcome to see my blogs, there are lots of stories about luxuries.gucci replica,gucci ladies watch,chloe paddington ,women rolex,rolex watches women
Imcredible. I think we should talk about this more.gucci backpack,chanel sale ,dior handbags,chanel knockoff,rolex watches for sale