
Fai cousa dun ano as estradas galegas, as páxinas dos xornais... eran portadoras dunha mensaxe publicitaria que non dicía nada máis que M.A.P.I.E e onde se vían uns simpáticos personaxes sotendo unha pancarta. O misterio invadía ó público, todos se preguntaban ¿QUE SERÁ MAPIE?
Cando se desvelou o misterio, decubrimos que se trataba dunha nova campaña da marca de cerveza galega Estrella Galicia , a número un en Galicia por recoñecemento da marca. MAPIE era o Movemento de Amigos Para Invitar a unha Estrella. Todo isto podíase ver en novos spots de televisión, nas cuñas de radio que invadiron o espacio radiofónico... Mediante internet, en www.mapie.es, na web dáse ese encontro 2.0 promovido pola marca e que busca a participación do target a través do concepto de comunidade.
Na miña opinión a campaña foi moi novedosa tendo en conta o tipo de publicidade que se fai en Galicia. Agora, fai pouco que esta marca sacou unha nova campaña "Apradiña un amigo, invítao a unha Estrella" , con Rober Bodegas como protagonista, o gañador do concurso de Televisión Española "El Rey de la comedia".
Estrella Galicia sempre, dalgunha maneira, intentou asociar a súa marca ós valores más galegos. Nesta ocasión o personaxe exprésase cun esaxeradísimo acento galego, aínda que o seu humor é directo e intelixente. Podedes ver a continuación un dos spot no que coa frase JOCIE ('Jarda os cartos, invito eu') se propón que invitemos a un amigo a tomar unha estrella.
Considero que o anuncio está ben, aínda que non me convenza de totalmente, pero o bo da campaña é que cada quince días aproximadamente, aparecen novos sketches/anuncios, o que invita a que permanezamos atentos nos intermedios da tele.
Esta é unha web na que se comenta sobre os comezos de MAPIE, e este outro é un blog de axuda nas dúbidas dos membros mapie. Tamén existen redes de blogs nas que ademáis de atopar moi diversos blogs, observaredes o ranking no que se atopan, como é o caso de Alianzo e Technorati Profile




Escribe un comentario