O fracaso dun blog
Acadar o éxito ou o fracaso é moi relativo, e depende na maior parte das nosas espectativas.
En internet podemos atopar de todo, e que mellor sitio para publicar as nosas ideas. Cando iniciamos un blog, pode darse o caso de que teñas moita sorte e sexas moi visitado, a xente comentarache, mesmo que o contido sexa nefasto; sen embargo, noutras ocasións os contidos son escepcionais é nin as arañas se dignan a lerte. Polo tanto poderíamos dicir que a primeira causa do fracaso deberíase a unha cuestión de azar.
Pero o máis importante é ir escalando peldaños e conseguir facernos cun lugar. Uns consellos para, polo menos, intentar ter éxito serían:
- Conseguir algo de público mediante visitas a outros blogs da nosa temática. Para iso hai uns buscadores que nos axudarán, como por exemplo bitacoras.com. Tedes máis información sobre isto na seguinte dirección. Tamén é importante a sindicación a fontes RSS para que as novidades nos chegen sin ter que entrar en cada unha para ver se actualizaron.
- Hai que saber venderse, facerse publicidade dun mesmo. É dicir, á hora de tratar un tema hai que conseguir que o lector non se aburra ou cerre a páxina con so mirala: o título ten que captar a primeira impresión do visitante; o texto non debe conter demasiada letra, senon que se deben intercalar imaxes, vídeos (sempre citando a fonte, a non ser que se trate de imaxes libres)...
- Os enlaces son imprescindibles, non se trata de copiar e pegar o que outro escribe, ó igual que os tags, que son os que axudan a que outros che atopen.
Sen embargo, en ocasión moita xente abandoa, non se pode rendir un aínda que os comezos sexan difíciles!!
Deixovos un enlace que me parece interesante, trátase dun manual para o fracaso dun blog.
Nesta outra dirección atoparedes unha entrevista sobre marketing, na que tamén se cita unha opinión sobre a función dos blogs no mundo publicitario.







beeril dijo
Bueno, yo soy catalán, pero nada... Me he defendido bastante bien... Je je!
Por cierto, te invito a leer la primera parte del relato que he iniciado en mi blog... ¡Promete la cosa, no te lo pierdas!
Saludos!
11 Julio 2008 | 07:30 PM