A sexualidade é unha ferramenta tradicional de persuasión para dirixir o interese do público ata un producto particular, ademáis é considerada unha das ferramentas de maior alcance no márketing e particularmente na publicidade. Tamén é unha das técnicas máis perigosas para o anunciante se o erotismo chega a ser percibido por sexismo por parte do target.
Vouvos amosar uns cantos anuncios que se serven do erotismo para construir a mensaxe publicitaria.
Como podedes ver este é un anuncio de xelados, producto para o cal se emprega moito esta técnica, pois se facedes memoria recordaredes a Elsa Pataky anunciando xelados de Frigo, e ó igual que ela outras moitas famosas en diferentes marcas.
Esta foi a polémica campaña de Dolde & Gabbana, recordádela? Aquí vos deixo unha web na que vos podedes informar mellor sobre dita polémica e ver máis anuncios desta marca. Que dicir sobre este anuncio... xa observades que vai, máis ben, orientado a un público feminino, invitándonos a descubrir o que hai detrás da botella, e unha boa maneira é consumindoa.
A publicidade de Axe... sempre coa mesma mensaxe: utiliza Axe e teralas a todas no bote. A min, persoalmente, non me gusta.
Aquí podemos ver a perfecta asociación entre café e leite.
Esta foi a selección que máis me gustou, pero podemos atoparnos con moitos máis anuncios deste tipo, asique a ver se amplio a recopilación pouco a pouco, iso si, tamén se aceptan propostas.
Tamén vos deixo este enlace, proposto por unhacompañeira, par que vexades algunha mostra de publicidade exterior, xa que nalgunha aparece o erotismo como técnica.
Nesta foto vemos unha paisaxe típica do norte do noso país, unha paisaxe de montaña que era máis usual atopala fai algúns cantos anos. Agora a poboación creceu, a maior parte das aldeas convertíronse en cidades..., só temos que mirar ó noso redor para decatanos dos cambios:
Como non, a publicidade tamén está crecendo, quere chegar a tódolos currunchos!, polo que cando saímos ó exterior atopámola en tradicionais vallas, monopostes, realizacións singulares en 3D, muppis, marquesinas, autobuses, metro, camións.. e moitas máis variantes para mostrar a creatividade sen límites de espacio, como no caso da publicidade extraterrestre.
As empresas empregan novos medios para chamar a atención. Non vos resulta inxenioso ver anunciar unha peluquería a través dun medio tan peculiar como son unhas escaleiras mecánicas?, trátase da peluquería Juice Salon, que nos mostra diferentes peinados. En canto á publicidade en medios de transporte, fanta transformou os trens do Metro de Madrid, e os de Barcelona en gusanos xigantes dentro da súa campaña "una fanta, una idea", neste caso a idea ou excusa que Fanta propón ós viaxeiros para chagar tarde ó traballo é "un gusano xigante comeuse o Metro".
Aínda que non en medios de transporte, fai pouco, Fanta sorprendeunos cunha nova forma de publicidade exterior, esta vez en marquesinas para darnos a coñecer a nova Fanta Zero. Encheron a mampara de cristal con laranxas e latas de Fanta reais. Esta novidosa forma de creatividade penso que só se pode ver polo de agora en Madrid, pero a verdade é que che dan ganas de coller unha lata. O que realmente me impactou foi a seguinte foto dun camión con publicidade incrustada, cousa pouco usual e que parece totalmente realista, penso que conseguen chamar máis a atención que a publicidade de Fanta no metro. Tamén vos deixo un enlace para que vexades a publicidade exterior de Fiat.
Nos últimos anos púxose moi de moda o tema do ecolóxico na publicidade, debido á situación mediambiental que estamos a vivir. Pois ben, a industria percatouse de que o verde vende e utilizao para captar usuarios, pero ningún organismo certifica que unha empresa que se vende como "ecolóxica" o sexa realmente. De aí, que a Unión de Consumidores pida que se controle este tipo de publicidade.
Durante a presentación dun informe sobre publicidade e medio ambiente o presidente da UCE dixo que eslóganes como "Cuando respetas la naturaleza, la disfrutas más", ou "En bicicleta, en un Toyota Prius, en metro, andando…" non son admisibles, pois poden facer crer ó consumidor que con ese producto é posible salvar o planeta, o que pode provocar que o consumidor se sinta enganado. Esta noticia podédela ollar máis de vagar neste blog sobre a sustentabilidade de Galicia.
Fai pouco retiraron un anuncio de Renault Twingo por publicidade enganosa. No anuncio víase como saían follas do tubo de escape do coche mentras circulaba, mostrando os beneficios eco-nómicos e eco-lógicos do coche, o que según a ASA (Autoridad para Estándares Publicitarios) do Reino Unido pode levar a unha mala interpretación do anuncio porque non informa correctamente da natureza da campaña Eco2, e pode inducir ós espectadores a crer que o coche causa moito menos impacto ó medio ambiente e que emite moitos menos CO2 que outros vehículos similares.
Na miña opinón, a maioría desas empresas verdes o único que buscan é adaptarse á legalidade ou aumentar a súa reputación, o cal non é ser unha empresa sostible, pois non só se trata de reverdecer os anuncios. O ser, ou intentar ser sostibles e levar a cabo accións de marketing e xestión sostenibles, debe incorporarse á estratexia da empresa. Un exemplo de empresa que basa toda a súa estratexia en comunicar o seu compromiso co medio ambiente é Iberdrola, que fai pouco puxo en marcha o proxecto Huella verde. Outras empresas que en certa forma teñen en conta o que temos a redor, que non só somos nós o único que importa no mundo son: Tríodos Bank [Banca ética] , só invirten os cartos dos depósitos en proxectos ambientais sociais ou culturais; e Trévol (Mensajeros a pedales), empresa que dinámica que non contamina a atmosfera e oferta servicios máis económicos ó non afrontar gastos de combustíbel.
Para rematar, vouvos amosar unha forma inxeniosa e polémica de publicitarse, falo da película dos Simpson, pois menuda a que se montou o verán pasado cando ós executivos da Fox se lles ocorreu debuxar, en Dorset (Reino Unido), a Homer con un dónut a escasos metros de outra figura coñecida como o Xigante de Cerne Abbas (un suposto símbolo pagano da fertilidade), que ten unha antigüidade de 2.000 anos según algúns, aínda que para moitos é un fraude. O caso é que foi considerado como unha ofensa. Vós pensades que esto tamén sería publicidade verde? A verdade é que verde é, e abarataron custos, non empregaron materiais nocivos, pero bueno...
A publicidade quer chegar lonxe. Os xornais, a TV... estánselle quedando pequenos, pois agora está ampliando o mercado no ámbito virtual e a través do espacio!, si, si, non ledes mal.
O que quero dicir con ámbito virtual é que fai un par de anos empezamos a ver publicidade nos videoxogos de ordenador, como exemplo temos o Need for Speed Underground, onde atopamos moitas marcas, empezando polas dos coches; outro exemplo son os dos McDocnals en The Sims online, e como estes noutros moitos videoxogos. Agora a empresa Massive Inc.está a desenvolver anuncios dinámicos para xogos online, pero para máis información podedes visitar Vida Extra, onde se explica como funciona a publicidade en videoxogos e ten algunhas capturas do xogo Crackdown que mostran carteis da película 300 para España. Nesta forma de publicitarse tamén atopamos técnicas de márketing como a exclusividade de plataforma (ex.: facelo para Xbox e non para Psp), merchandising...
Pero máis sorprendente aÍnda é o tema da publicidade extraterrestre, pois o próximo 12 de xuño marcará un hito na historia da publicidade, lanzarase ó espacio o primeiro anuncio dirixido a posibles consumidores de aperitivos de millo (atoparedes a noticia máis ampliada) nun sistema solar que se atopa a 42 anos luz de distancia e que o recibirán no 2050. A popular marca de aperitivos asociouse con científicos espaciales da Universidade de Leicester (Inglaterra) para transmitir un anuncio a través do Radar de Ultra Fecuencia de 500 megahertzios hacia a estrela Osa Mayor 47 (47UMA). Ademáis hai un concurso público para decidir o contido do anuncio. Que vos parece a idea de que todo isto servirá para comunicarnos a largo alcance e dicir que estamos aquí!?
Non fai falla ir tan lonxe no espacio, pois a Lúa, a nosa veciña, tamén vai saborear a chegada da publicidade. Rolling Rock, unha marca de cervexa, pretende proxectar nela o seu logo cun láser. A técnica é iluminar un satélite cun canón desde a Terra e que este o reflexe á luna. Ademáis, poderánse engadir algúns comentarios que os usuarios introducirán previamente na súa web. O vicepresidente de marketing Ron Stablehorn di que pretende crear un novo concepto de publicidade chamado moonvertising, e a fecha para a primeira acción deste concepto será o 21 de marzo coincidindo coa lúa chea. Ademáis, Stablehorn protagonizou varios anuncios televisivos cómicos nos que promociona a campaña.
Quen nos ía dicir a nós que poderíamos ver un anuncio dende o espacio, pois si, pero haberá que esperar para saber se se converte nun fenómeno mundial o moonvertising, que a min me parece que é un dos mellores medios para chegar a todo o mundo, sen dúbida.
O galego necesita publicidade ou a publicidade precisa do galego?
En Galicia, moita xente opina que se vende mellor en galego, por exemplo, fai uns meses entrevistei a un lingüista e cando lle preguntei que opinaba da publicidade en galego respondeu:
"Se hai pouca publicidade en galego é porque aínda hai moitos prexuízos. De feito, os anuncios en galego venden máis que os que se fan en castelán. O anuncio “Vivamos como galegos” é un anuncio excelente (lástima que no Gadis non te atendan en galego e a rotulación estea toda en castelán, por iso non é crible). Temos cousas que son únicas no mundo, iso é o que temos que potenciar e vender, non hai terra coma a nosa!"
O verdadeiramente certo é que a publicidade, ben sexa en galego ou galega, vaise abrindo camiño pouco a pouco, e cada vez é máis frecuente ver anuncios en galego. Ademáis da sonada campaña que realizou Gadis, en Galicia moitas empresas fixeron anuncios que aínda perduran na memoria de todos nós, e cos que se foron facendo grandes (excepto Inditex que prescinde da publicidade) Pois ben, quen non se acorda de lemas como o de "Atún claro, Calvo" ou o das "fiestas jolgorrio" de Estrella Galicia. Hai campañas que teñen máis tempo como "Chocolates La Perfección, ¡qué ricos son!", "Refrey, la máquina de las españolas".
Pero a mascota máis destacable témola en Rodolfo Landostino!: "Llevame a casa", haberá algunha persoa en España que non o coñeza? Este personaxe creouno Ecovigo no Nadal de 1977, e é o representante de Pescanova nesas fechas tan sinaladas. Rodolfo non foi o único éxito da axencia, pois moito antes convenceran a Álvaro Cunqueiro para anunciar o viño Pazo Ribeiro; e non fai demasiado realizaron o anunicio de Oxirite, a pintura para ferro de Xylacel, no que un home sobre unha bici de mil cores di: "¡Tas pasao, Ladislao!".
Luis de Soto e Javier Chaver, da axencia coruñesa Imaxe, dirixiron campañas como "fiestas jolgorrio" de Estrella Galicia, o zahorí desbocado de Cabreiroá ou a "empanadilla" de Martes e Trece anunciando o atún Rianxeira.
E para atún o de Calvo. O primerio dos anuncios que atopei remóntase a mediados dos 80, usando a Jesús Puente e a Xosé Luis López Vázquez como presentadores do producto, pero non o vou a explicar, é mellor que o recordedes véndoo, pois o último spot "sacatúnn que pen que sumnnun que tun" que firma plubicist, case todos o lembramos.
Para rematar quería amosarvos o primeiro anuncio da xira "A bailar con Xabarín" do Xabarín Clube da Tvg, porque son tempos que a min me gusta recordar. Espero que vos traia bos recordos.
Últimamente fálase non só de cambios, senón tamén de crise no sector da publicidade. Don Fructuoso Moreno, presidente da axencia de publicidade TBWA España, nunha entrevista, señala que a ralentización económica afectará ós presupostos publicitarios das empresas no presente ano. No blog, poderedes atopar un pequeno resumo acerca da noticia, é un blog que normalmente visito, pois paréceme moi interesante para os temas que eu quero tratar, e o que comentan fano concisamente, visitádeo!
Tamén se publicaron estos días noticias acerca dos radicais cambios que se producirán en publicidade nos próximos cinco años, que deixará de ser tal e como a coñecemos. No informe de IBM do que se fai eco Enrique Dans, aparece tal noticia. Isto si que é un bombazo!
Esta é a situación actual que estamos vivindo, pero non todo ían ser malas noticias, pois no que respeta a Galicia, no campo do márketing pódese dicir que temos boas novas. O 23 de Xaneiro de 2008, Luchiandluchi, deron a coñecer a súa marca, o seu proxecto e a súa web dunha singular maneira, e que aspiran a chegar lonxe. Por iso, deixo o enlace ó seu blogpara ver se vós tamén tedes unha boa impresión.
Para finalizar, gustaríame que fixérades un pequeno percorrido por un blog sobre publicidade que tamén é do meu agrado.
Espero que esta información resulte tan útil como é para min. As novas propostas sobre espacios interesantes serán ben recibidas.
Hoxe falaremos un pouco sobre o marketing e a súa evolución. Pois é un concepto que normalmente se confunde ou se lle asocia o mesmo significado que á publicidade.
Que é?
O termo márketing é de orixe anglosaxón e empezou a utilizarse en EE. UU. a principios do século pasado, concretamente foi en 1910 cando na Universidade de Wisconsin apareceu un curso denominado “Métodos de márketing” impartido por Butler.
En España foi nos anos 60-70 cando se empezou a manexar a nivel de empresa, motivado principalmente pola irrupción das multinacionais neste país. Tiveron que transcurrir tres décadas para que no texido empresarial e no mundo universitario boten raices os beneficios que aporta traballar baixo a óptica de marketing.
A nivel empresarial, vemos que é unha actividade que ten como fin primordial e último a consecución dos obexetivos marcados por e para a empresa e satisfacer a demanda do mercado, a través dunha serie de actividades interrelacionadas.
Coa chegada de internet atopámonos coa converxencia entre empresas tradicionais e empresas virtuais. Moitos din que o marketing cambiou radicalmente. Vos védelo así? Máis ben poderíase dicir que evolucionou, pero seguindo a súa liña, a de manter unha comunicación cada vez máis directa co cliente e personalizar moitísimo a súa oferta de productos e servicios.
Finalmente, a cerca do comentado antes sobre o cambio do marketing, gustaríame facer alusión a Al Ries, un profesional neste campo, que afirma o seguinte en Advertising Age: “ A innovación non é unha estratexia e as compañías que dependen continuamente de novos e innovadores productos atoparanse algún día con graves problemas.” Ademais engade: “Unha compañía só ten unha única función, contruir unha marca que domina a categoría.” E explica que a innovación pode axudar a construir este tipo de marcas, como pasou coa fotografía instantánea e Polaroid; a fotocopiadora e Xerox; o microprocesador e Intel; o email wireless e Blackberry; e a zapatilla deportiva e Nike. Tamén é salientable o que di a cerca de Apple: “Apple, a única marca que se constrúe a base de innovación”, preguntándose el mesmo que ata cando continuará co éxito, e ademáis vaticina a súa caída.
A miña experiencia nisto é moi escasa, pero eu diría que o innovación hoxe en día e algo crucial para calquer empresa, para a construcción dunha marca. Os tempos cambiaron, e a competencia é enorme, ou innovaste ou estáncaste. Non sei se chegaría a situar o concepto de innovación á par do de máketing, pero cada vez ten máis importancia, iso está claro.
E a vos, que opinión vos merecen as palabras deste gurú do marketing?
A publicidade está vinculada á historia. Se a entendemos como un método persuasivo, entón os primeiros vestixios lévannos ós comezos das civilizacións. O obelisco de Luxor ou o papiro de Tebas (6000 a.c.) son exemplos desta orixe. De feito, este último, é considerado o primeiro anuncio do que se ten constancia na historia da humanidade, e di así (resaltoo en cor amerelo):
"Unha vez fuxiu o escravo
Shem da casa do seu amo,
Hapu "o tejedor",
invita a todos os bos
cidadáns de Tebas a atoparlle.
É un home de bastante
estatura, robusto e
de ollos castaños. Ofrécese
media peza de ouro
a quen dea información e unha
peza de ouro a quen o devolva ás tendas
de Hapu, "o tejedor",onde se tecen as máis belas teas, a gusto
de cada un."
Xa en Grecia contaban con pregoneiros que anunciaban a chegada dos barcos con cargamento de viño, especias e metais. Con frecuencia o pregoneiro ía acompañado dun músico. Co paso do tempo convertíronse no medio máis común de anuncios públicos nos países europeos durante séculos.
Non podemos olvidarnos dos romanos, que tamén fixeron uso da publicidade. Como exemplo están as ruínas de Pompeia onde se atopan letreiros en pedra que anunciaban o que vendían nas tendas. Os pompeianos tamén se valeron de historias pintadas nas paredes como reclamo da xente.
No 1630, en Inglaterra, créase un xornal, o "Daily Advertisser", dedicado exclusivamente a publicar anuncios.
Os anuncios colocados ó aire libre resultaron ser unha das expresións máis antigas e duradeiras da publicidade. Como curiosidade dicir que en Inglaterra se aprobou no ano 1614 unha lei que prohibía os letreiros que sobresaían máis de 2.5 m dun edificio. É no ano 1740 cando xurde o primeiro impreso para colocar ó aire libre, o cartel, aínda que as súas mensaxes, daquela, poucas veces eran de carácter comercial. Incluso na época de avances tecnolóxicos en que nos atopamos, o cartel segue sendo un método de comunicación sumamente eficaz.
O século XIX abre un tempo de cambios promovido pola Revolución Industrial. Créase unha sociedade basada en novas formas de pensar e de facer, falase de sociedade de clases, de oferta e demanda, de ampliación de mercado… Agora a publicidade plantéase como fórmula para dar a coñecer as ofertas e influir nas ventas. Sobre a publicidade moderna falaremos máis de vagar noutro momento, xa que na actualidade se converteu nun campo moi amplo.